Sunday 05 de May de 2024

Terceira posición no Campionato Provincial de Grupos Show para o grupo benxamín do Club Galia


O grupo benxamín do club de patinaxe Galia acadou esta fin de semana a terceira posición no Campionato Provincial de Grupos Show, dentro da modalidade de grupos grandes de primaria. Pola súa banda o grupo xuvenil rematou a proba en cuarta posición dentro da categoría de grupos pequenos de secundaria. Por último os infantís quedaron en sexto lugar no apartado de grupos pequenos de primaria.